OS RIOS
DE
PONTEVEDRA
NO
OUTONO
Boas
novas : Xa chegou o outono e os bosques de ribeira comezan a mudar o
seu traxe e a lucir as fermosas cores de tempada. E tempo de camiñar
e disfrutar do son dos nosos pasos sobre a alfombra de follas.
A
proposta e percorrer as beiras de dous dos nosos rios mais cercanos e
a vez descoñecidos para a maioria da xente .
Data
: 6 de novembro do
2011
Saida:
As 9:00h
dende a "Ponte
dos Tirantes" (rotonda
da beira dereita do rio)
Dificultade:
Baixa con pronostico de media en algun tramiño pequeno.
Distancia
a percorrer: +∕-
20km
Inscripcions
ata o venres dia 4/11/11 en andarinsdovaldolerez@gmail.com
Percorrido:
Comenzaremos a
camiñar na Ponte dos tirantes pola beira dereita do rio que comforma
o val que da nome o noso grupo para cruzar a outra beira pola ponte
peatonal e continuar pola veira esquerda ata Monteporreiro.
Seguiremos logo polo
sendeiro do Lerez ata a casa
das augas e cruzaremos de
novo o rio para ir ata o rego
de fontan. Logo de visitar os
muiños seguiremos rio arriba
ata
o refuxio de pescadores de Bora. A continuacion visitaremos as vellas
pontes de Bora e un fermoso peto de animas
nun fermoso paraxe
no que o rio
Almofrei rinde
as suas augas no Lerez encorado na presa de Bora que abasterce de
liquido a Ence.
A
continuacion subiremos pola beira dereita do rio buscando os
seculares pasos de
Portamuiños
que
comunican as aldeas das dus beiras case no limite do noso concello.
Na outra beira seguiremos rio arriba buscando as pegadas do pasado en forma de vellos muiños e camiños de carro que nos levan ata oSalgueiral , lugar pertencente a parroquia de Bora enclavado no val formado no seu ultimo treito polo rio Almofrei.
Tan so nos queda voltar os pasos e baixar ata Pontevedra pola beira esquerda do Lerez completando unrelaxante paseo polo noso petrimonio natural mais cercano