de Belesar
Embarcaremos no pantalán do pobo de Belesar as 11:00
Navegaremos polo domeado Miño descubrindo a beleza
de esta zona vitivinícola e pasaremos por Portotide camiño de
“O CABO DO MUNDO”, espectacular meandr
Pasaremos pola “PRAIA DA COVA” coa sua fascinante paisaxe lugar de lecer no vran e de maduración das uvas mencía y godello,
variedades dos afamados caldos da zona.
Continuaremos a senda fuvial serpenteando polos plácidos recunchos do rio para obsevar a fauna do rio e as misteriosas
aldeas que colgan as suas antigas pedras sobre o Miño.
Seguindo augass abaixo, pasando pola “ILLA DE SERNANDE” e o “PENEDO DO GARABULLO”, lchegaremos a " FERVENZA DA AUGACAÍDA” , donde disporemos de tempo para bañarnos nas cálidas augas do remanso do peixe.
Navegando por paraxes enormemente suxerentes
contaremos fermosas leendas, chegaremos o ¨CASTRO Do CASTELO DE MARCE”,
lugar cheo de misterio.
Este lugar foi a morada das “xacias-os”, seres mitolóxicos acuáticos, con forma humana, moraban nos pozos mais profundos do río Miño.
Pola tarde completaremos o viaxe xantando nunha praia fluvial e visitando algun dos paraxes mais fermosos da zona.