26 feb 2010

APRAZAMENTO

Por mor do mal tempo o zona protexida de Bertiandos atopase inundada polo cal non e posible realizar a 
ruta prevista .
Pero Andarins non suspende si non que apraza a actividade para o dia 14de marzo do 2010

23 feb 2010

BERTIANDOS

BERTIANDOS






A PPLBSPA ( Paixase protexida das lagoas de Bertiandos e San

Pedro de Arcos ) desenvolvese nun area de unhas 350ha no

contorno de duas lagoas e das marxenes do rio Estoraos.

Unha paixase comformada por un extenso sistema de canles ,

prados, terreos de cultivo,bosques de ribeira, pobos,etc

que propician un interesante mosaico de habitats con alto valor

natural e ecoloxico .

A PPLBSPA situase no distrito de Viana do Castelo na beira dereita do rio Lima ee abramgue as freguesias de Bertiandos , San Pedro de Arcos , Estoraos, Moreira do Lima,Sá e Fontao perto de Pont de Lima.

Conta cun centro de interpretacion,aloxamentos,granxa escola e unha boa rede de sendeiros que van dende 1.5km ata 15km.



DATA: 28 de febreiro do 2010.

SAIDA: As 8:30h dende a estacion de bus.

DIFICULTADE: Baixa a moi baixa con rachas de moderada.

MATERIAL NECESARIO: Botas (ampla presenza de zoas con auga), calzado de reposto, bocata, chubasqueiro, etc.

DESPRAZAMENTO: En coches particulares , e 1h de viaxe por autopista e autovia.

CUSTO: 10€+1€ socios, 10€+3non socios, menores 1/2cuota

RUTA: Comezaremos no centro de interpretacion do parque cunha visita as instalacions para abir boca. Dende ali iremos cara a "Lagoa de San Pedro de Arcos" onde poderemos observar alguns dos havitantes do lugar, tamen poderemos ver droseras,carvalhos,salgueiros, nenufar e outras maravillas.

A seguir tomaremos as marcas da ruta da auga que e o percurso mais longo do parque

para poder ver ositema fluvial da bacia do rio estoraos. Este percorrido levaranos polo anel exterior da zona protexida pasando polos lugares mais interesantes da zona.

O rematar se nos queda tenpo e ganas de camiñar outro pouquiño faremos unha visita

a Ponte de Lima cun moi interesante casco antigo.

Mais info http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/

14 feb 2010

NON AS TRAMPAS

Domingo 14 de febreiro do 2010  12 da maña  unha bonita camiñada  e interrumpida o descubrir un exemplar de raposo atrapado por un lazo feito cun cable de aceiro colocado o modo de trampa por alghun "amante da natureza"  no lugar de Carballas o pe dunha pista.
                                                                                       

Despois de loitar un bo rato co lazo logramos liberar o asustado raposo e continuar co noso camiño ,non sin antes dar parte o seprona.

                                                                                                    
Dende este blog queremos denunciar estas practicas

4 feb 2010

NAMORADOS DA VINCHA





NAMORADOS DA VINCHA

 

Data : Dia 14 de febreiro dia de santa vincha de Cerdedo .

Saida: As 9:00h dende o lugar habitual ( E.B. P = estacion de buses de pontevedra)

Dificultade: Pouca.

Actividade:

Con motivo da " X FESTA DA VINCHA" de Cerdedo iremos ata a capital do concello do mesmo nome para facer unha camiñada polas suas parroquias tentando seguir o roteiro sarmiento.

Visitaremos A Revolta,Cavenca, As Raposeiras, Meilide,Barro e Aren.

Tentaremos descubrir os seus segredos e o remate iremos cara o recinto da festa.



Despois da camiñada teremos duas opcións :

1 voltar a casa a comer ca familia

2 Quedar en Cerdedo e disfrutar do programa da festa que organizan as mulleres da asociacion Espadela.

Pra rematar despois do teatro voltaremos a casiña que o luns e dia de escola.

NOTA IMPORTANTE :

Os que queden pola tarde poden levar a comida ou comer no recinto da festa.



Esta e unha nova aventura dos Andarins, se queres vir con nos so tes que mandar un correo ou chamar o 620448068 indicando se quedas pola tarde ou voltas o mediodia.

FESTA DA VINCHA


A Asociación de Mulleres Espadela de Cerdedo ten o pracer de convidarte á súa X Edición da Festa da Vincha que terá lugar no pavillón de deportes municipal de Cerdedo o vindeiro domingo 14 de febreiro.


Coincidindo co décimo aniversario da Asociación e da Festa teremos unha exposición que mostrará ahistoria da asoaciación ó longo destes dez anos

Este ano, aparte do xa tradicional Concurso de vinchas contaremos cun novo concurso: Doces de Antroido: filloas, orellas e flores. As bases estarán á vosa disposición expostas en cada aldea ou dispoñedes dun número de teléfono para informarvos

Durante todo o día contaremos con música tradicional galega a cargo de “Os Chichisos” e “Os abrentes” de Cerdedo que nos amenizarán a xornada

Podes xantar no pavillón xa que contamos con polbo, churrasco e lacón con grelos a prezos populares

Teremos á venda doces de antroido e a nosa famosa vincha (¡se non a coñeces tes que vir e probala!)

Espadela quere renderlle este ano homenaxe ó director de cine e veciño de Forcarei Chano Piñeiro, coincidindo co 25 aniversario da súa morte, entre outros traballos é o pai da entrañable curtametraxe “Mamasunción” . Teremos a honra de contar este ano con Mariluz Montes Quireza, viúva de Chano, coma pregoeira.

A lectura do pregón terá lugar ás 12:00 para inaugura-la festa

Contaremos con diversos obradoiros de oficios artesáns e postos de productos ecolóxicos e da terra

NO NOME DE TÓDALAS MULLERES QUE FACEMOS POSIBLE ESTA FESTA QUEDADES CONVIDADOS E CONVIDADAS A CELEBRA-LO NOSO DÉCIMO ANIVERSARIO E O ANTROIDO NA NOSA COMPAÑA.



¡¡ESTE 14 DE FEBREIRO SEGURO QUEDAREDES NAMORADOS E NAMORADAS DA VINCHA!!