26 oct 2008

EXCURSION RIDIMOAS

EXCURSIÓN AO BOSQUE DE RIDIMOAS, NO RIBEIRO

O Ateneo de Pontevedra organiza unha excursión ao Ribeiro o sábado 15 de novembro para visitar o Bosque de Ridimoas, en Beade. Durante a xornada, aproveitarase para tomar un cocido en Leiro e visitar unha adega de recoñecido prestixio.
Ridimoas constitúe unha experiencia de preservación dun bosque autóctono grazas á acción de máis de mil persoas que aportan unha pequena cota anual para mantelo e agrandalo.
O prezo da excursión é de 30 € e é necesaria a participación de 40 persoas para realizar a actividade.

Itinerario
Saída en autobús, desde a Praza de Galicia, ás 9:00 horas do sábado 15 de novembro. Ás 10:30 h, visita ao bosque desde o adro da igrexa de Beade. Ás 14:30 h, comida no restaurante O Mosteiro de Leiro: Cocido e canas recheas de sobremesa; café e chupitos. Ás 16:30 h, visita á Adega Vilerma en Gomariz. Regreso a Pontevedra ó rematar a visita.

Inscricións
Todas as persoas que desexen asistir á excursión ao Bosque de Ridimoas deben anotarse antes do luns 10 de novembro no correo electrónico cfuentesmoledo@yahoo.es ou a través do teléfono 669 428 188 (Carlos).

22 oct 2008

PRG 100

PRG 100 "SENDEIRO NATURAL ACIVEIRO-CANDAN"
LONXITUD: 15KM.
TEMPO : 4H.
DIFICULTADE: BAIXA.
TIPO SENDEIRO: CIRCULAR (PISTAS , CAMIÑOS DE CARRO E SENDAS DE PESCADORES.
SEÑALIZACION: REGULAR (FALTAN ALGUNHAS MARCAS)
INICO/FIN: MOSTEIRO DE ACIVEIRO( FORCAREI) 42º37´08´´N 08º18´03´´W
COMO CHEGAR: POLA N541 ATA FOLGOSO E LOGO POLA PO-200 ATA ACIVEIRO
ROTEIRO:
E UN SENDEIRO CIRCULAR CON PRINCIPIO E FINAL NO FERMOSO MOSTEIRO DE "ACIBEIRO".
PERCORRE AS ALDEAS DE "VILAVERDE" , "LAMASGALAN" DE ARRIBA E DE ABAIXO.
NO PERCORRIDO PODEREMOS OBSERVAR AS PRIMEIRAS AUGAS DO RIO LEREZ PASANDO POR BAIXO DA MAIS FERMOSA DAS PONTES DO LEREZ. A PONTE VELLA DE ANDÓN. TAMEN PODEMOS DISFRUTAR DE UNHA BEN CONSERVADA VEXETACION DE RIBEIRA E DE ALVARIZAS,CRUCEIROS,CASAS, MUROS ,ETC